viernes, 28 de enero de 2011

¨Nunca existió una buena guerra y tampoco una mala paz¨  Benjamin Franklin

Esta frase redactada por Benjamin Franklin expresa lo absurdo que son las guerras ya que nunca son buenas. Aunque alguien piense que una guerra puede salvar a algun pais siempre habrá algún vencedor y otro vencido , ademas de numerosas víctimas en ambos bandos.

Benjamin Franklin:



Benjamin Franklin (Boston, 17 de xaneiro de 1706 - Filadelfia, 17 de abril de 1790) foi un editor, político, diplomático, científico e inventor estadounidense.
Como científico foi unha importante figura na historia da física polos seus descubrimentos e teorías en relación coa electricidade. Como político participou activamente no proceso de independencia dos Estados Unidos e foi un dos asinantes da Declaración de Independencia dos Estados Unidos.

A súa afección polos temas científicos comezou a mediados de século, e coincidiu co comezo da súa actividade política. Estivo claramente influenciado por científicos coetáneos como Isaac Newton, ou Joseph Addison (especialmente as súas obras Ensaio sobre o entendemento de Locke e O espectador). En 1743 é elixido presidente da Sociedade Filosófica Americana.
A partir de 1747 dedícase principalmente ao estudo dos fenómenos eléctricos. Enunciou o Principio de conservación da electricidade. Dos seus estudos nace a súa obra científica máis destacada, Experimentos e observacións sobre electricidade. En 1752 leva a cabo en Filadelfia o seu famoso experimento co papaventos. Atou un papaventos con esqueleto de metal a un fío de seda, en cuxo extremo levaba unha chave tamén metálica. Facéndoa voar un día de tormenta, confirmou que a chave cargábase de electricidade, demostrando así que as nubes están cargadas de electricidade e os raios son descargas eléctricas. Grazas a este experimento creou o seu máis famoso invento, o pararraios. A partir de aí, instaláronse por todo o estado (había xa 400 en 1782), chegando a Europa na decada dos '60. Presentou a teoría do fluído único para explicar os dous tipos de electricidade atmosférica, a positiva e a negativa, a partir da observación do comportamento das varillas de ámbar, ou do condutor eléctrico, entre outros.


¨Una onza de paz vale más que una libra de victoria¨ San Roberto Belarmino